Plan Proxecta de Innovación Educativa: Proxecto Nutriescolas
Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030
Consellería de Sanidade
Con este cuestionario, pretendemos coñecer algúns aspectos da vosa alimentación familiar co obxecto de traballar en conxunto cos vosos rapaces e rapazas, así como de valorar e encamiñar os nosos proxectos de saúde na escola.
Deberá completalo a persoa ou persoas que habitualmente realiza as escollas alimentarias e planifica as comidas no fogar. Lembrade sinalar a opción que amose mellor a vosa forma de pensar.
Son cuestións sinxelas, pero se tedes algunha dúbida solicitade axuda antes de contestar.
Nesta enquisa hai 19 preguntas.