Plan Proxecta de Innovación Educativa: Proxecto Nutriescolas.
Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030.
Modelo de recollida de información sobre hábitos alimentarios das familias. Nutriescolas 0 e 1
Cuestionario INICIAL do Proxecto
Con este cuestionario, pretendemos coñecer algúns aspectos da alimentación da vosa familia co obxecto de traballar en conxunto cos rapaces e rapazas, así como de valorar e encamiñar os proxectos de saúde na escola.
O formulario deberá completalo a persoa ou persoas que habitualmente realizan as escollas alimentarias e planifican as comidas no fogar. Lembrade sinalar a opción que amose mellor a vosa forma de proceder.
Son unhas cuestións sinxelas sobre hábitos alimentarios, pero se tedes algunha dúbida solicitade axuda antes de contestar.