Completou % deste cuestionario.
Precaución: A execución JavaScript do navegador está desactivada. Quizá non poida responder a todas as preguntas deste cuestionario. Por favor, verifique que ten instalado o Java (http://www.java.com/)

Inscrición andaina Camiña e conecta polo Día Mundial da Obesidade (4 de marzo)

Co obxectivo de promover a actividade física, o Servizo de Estilos de Vida e Educación para a Saúde e a Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) da Dirección Xeral de Saúde Pública, deseñaron unha proposta para levar a cabo o día 4 de marzo en distintas ubicacións de Galicia. Trátase dun conxunto de andainas dirixidas á poboación xeral acompañadas de mensaxes saudables ao longo do percorrido. 

A inscrición nas andainas pretende obter un número aproximado de participantes para xestionar a organización das mesmas. Trátase dunha actividade voluntaria e non inclúe ningún tipo de responsabilidade sobre as persoas participantes.  As persoas menores idade deberán estar a cargo dunha persoa adulta responsable. 

Estas andainas quedan supeditadas ás circunstancias meteorolóxicas.

Xunta de Galicia